InicioEconomíaOs obreiros de Reymogasa desconvocan a manifestación do venres

Os obreiros de Reymogasa desconvocan a manifestación do venres

O comité apraza a protesta á espera de que frutifiquen as negociacións entre a auxiliar de Alcoa e a nova adxudicataria do mantemento mecánico en dixestión para subrogar a 65 operarios

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Reymogasa decidiu, despois de celebrar unha asemblea de traballadores, aprazar a manifestación convocada para o vindeiro venres á espera de que frutifiquen as negociacións entre a auxiliar de Alcoa e a nova adxudicataria do contrato do mantemento mecánico no departamento de dixestión de alúmina.

Os sindicatos esperan que Alcoa “cumpra co acordado” e se confirme a subrogación de 65 traballadores “respectando os postos de traballo e aceptando as condicións laborais dos obreiros deste departamento”.

MOSTRA DE “BOA VONTADE”

Así, desconvocan a protesta -a única fixada por agora para os vindeiros días- como mostra “de boa vontade” de cara as negociacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...