A Valedora do Pobo, Milagros Otero, visitará o municipio de Cervo o vindeiro xoves, nunha xornada na que atenderá as preguntas da veciñanza.
O Concello convidou a Otero, que a mediodía achegarase ao consistorio, onde será recibida pola corporación municipal. Pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, a Valedora do Pobo escoitará as consultas e queixas de quen o desexe na casa do mar de San Cibrao.
ACTO ABERTO
O goberno local convida á veciñanza e ao tecido asociativo a que participen no acto, de carácter aberto, e formulen as súas consultas á representante da institución.