InicioEconomíaO comité de Alcoa pide "axilidade" nas negociacións coa SEPI para a...

O comité de Alcoa pide “axilidade” nas negociacións coa SEPI para a venda

Esixen unha nova reunión con Goberno e Xunta para aclarar as condicións da operación.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, pediu “axilidade” nas negociacións coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para a venda da factoría do municipio de Cervo. “Entendemos que tiña que ser máis áxil, tamén entendemos que hai factores alleos á negociación que incidiron” nesa demora das negociacións a tres bandas, nesa negociación que tamén inclúe á SEPI co grupo británico Liberty House.

Igualmente, Zan demanda que a SEPI e Xunta “dean pasos firmes” e “sólidos” para levar a cabo unha compra que “asegure a todos o futuro”. “Tampouco podemos tomar decisións moi apresuradas sen ter claro onde imos”, sostén. Con todo, insiste en que este proceso “ten que ser moito máis áxil nas súas decisións e estudar todo máis rápido”. “Ao final necesitamos un acordo polo ben dunha comarca enteira que está a sufrir esta recesión económica á que se suma a da covid”, agrega.

DEMANDAN REUNIÓN

Así mesmo, reitera que se pediu unha nova reunión ao Goberno e á Xunta para coñecer “as condicións propostas pola empresa” pola empresa para a venda, “que eran moi parecidas ás de setembro, pero que xa non son as mesmas”. “Non podemos estar a esperar tanto tempo por coñecer esas condicións xerais, que teñen que chegar antes de Semana Santa”, reivindicou o presidente do comité de empresa.

De tal forma, Zan confía que se poida alcanzar un acordo nos prazos fixados para a venda, antes do 30 de abril. “De momento, non dixeron que non se pode”, apunta. “Aínda se pode facer, hai que darse conta que vender unha empresa deste calibre en tres meses sería unha venda exprés”, razoa.

APOIO AOS OBREIROS DE ALU IBÉRICA

O comité de empresa amosou ademais o seu apoio aos compañeiros das fábricas da antiga Alcoa na Coruña e Avilés “nestes momentos tan complicados”, entendendo que “o que están a vivir é inadmisible debido á súa situación laboral e á persecución sindical da que están a ser obxecto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...