InicioEconomíaAlcoa convoca a mesa multilateral este xoves para informar do proceso de...

Alcoa convoca a mesa multilateral este xoves para informar do proceso de venda

A reunión prodúcese a pouco máis dunha semana de que venza o prazo das negociacións.

Publicada o

- Advertisement -

EFE | O comité de empresa de Alcoa San Cibrao informou de que a multinacional, en virtude do acordo alcanzado coa representación dos traballadores para poñer fin no seu momento á folga indefinida, convocou para este xoves unha nova reunión da Mesa Multilateral na que dará conta das negociacións para o proceso de venda da planta á SEPI.

En principio, está prevista a participación nesa Mesa Multilateral do comité de empresa, os sindicatos, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a propia Alcoa.

Esta reunión prodúcese a pouco máis dunha semana de que venza o prazo establecido polas partes, fixado para o día 29 de abril, para completar as negociacións e levar a bo porto o traspaso da fábrica de aluminio primario á SEPI, para a súa posterior venda -en principio- ao grupo Liberty, interesado en facerse coa factoría.

Tras a reunión que onte mantiñan coa portavoz nacional do BNG, representantes do comité de empresa, por medio do seu presidente, José Antonio Zan, pedían aos partidos políticos que esixan “aos dous gobernos”, o da Xunta e o central, que “dunha vez por todas cumpran” o acordo”, aprobado “por maioría absoluta no Parlamento e no Congreso”.

Un acordo, lembrou Zan, para realizar “unha intervención temporal pública que lle dea viabilidade” á fábrica de aluminio primario, neste caso a través da SEPI, para “estudar a venda” da factoría “a un terceiro”.  En canto á posición de Alcoa, o comité pídelle á multinacional que, para facilitar ese acordo de venda, regrese ás condicións acordadas en setembro.

A Mesa Multilateral reunirase mañá -día 22 de abril- entre as 12:30 e as 13:30 horas, segundo informou o comité.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...