InicioOccidentalCervoBatallón de limpeza en Cervo para ter unha Mariña sen lixo

Batallón de limpeza en Cervo para ter unha Mariña sen lixo

Coida Cervo realiza recollidas de lixo para "censurar certos comportamentos incívicos que se producen con frecuencia nas nosas vilas".

Publicada o

- Advertisement -

Un grupo de voluntarios participou este xoves no programa de recollida de lixo Coida Cervo, que tivo lugar este mediodía na contorna da Ponte Medieval do Bao en San Cibrao.

Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Cervo, que arrincou o pasado mes de setembro, e que se desenvolve como mínimo dúas veces ao mes (sempre que a normativa sanitaria vixente o permita). O seu eixo principal son as xornadas de voluntariado de recollida de lixo, pero tamén se programarán charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva; entre outras.

“Esta campaña naceu co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna”, apuntan desde o Concello.  Coida Cervo tamén pretende ser unha ferramenta de reflexión  “coa que censurar certos comportamentos incívicos que se producen con frecuencia nas nosas vilas que prexudican a toda a veciñanza e son un atentado contra o noso patrimonio natural”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...