IniciosociedadeAlcoa volverá a pasar polo Supremo en xullo para decidir sobre as...

Alcoa volverá a pasar polo Supremo en xullo para decidir sobre as medidas cautelares da planta

A resolución do TS podería dar pistas sobre o futuro do ERE, declarado nulo pero polo que Alcoa pretende batallar.

Publicada o

- Advertisement -

Os maxistrados do Tribunal Supremo reuniranse o próximo 14 de xullo para votación e fallo do recurso de Alcoa contra as medidas cautelares impostas na fábrica da multinacional do aluminio en Cervo. A decisión non terá efectos prácticos posto que o despedimento colectivo que pretendía aplicar Alcoa xa foi declarado nulo. Con todo, si presenta interese xurídico, precisamente, posto que esoutro procedemento (a empresa tamén recorreu o fallo que tombou o ERE), aínda está pendente.

Precisamente o pasado abril o Supremo iniciou a instrución para resolver sobre o recurso contra o fallo que tombou o expediente de regulación de emprego para medio centenar de traballadores na fábrica de San Cibrao. En concreto, a sala do social do Supremo emitiu unha dilixencia de ordenación con data do pasado 9 de abril na que designou maxistrado relator a Ignacio García-Perrote Escartín.

En paralelo, a compañía negocia cos potenciais interesados en adquirir a planta, coa mediación da sociedade estatal de participacións industriais (SEPI) e o compromiso de mantemento da paz social, por agora, por parte do persoal.

APOIO DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, volveu a pór de manifesto, antes do pleno ordinario provincial, o seu apoio aos traballadores da factoría.
Tomé expresou que os traballadores “teñen todo” o seu apoio. “Xa o dixemos por activa e por pasiva e as propostas que agora se están negociando foron as primeiras que dixemos aquí no patio da Deputación hai moitos meses”, apuntou.

Neste contexto, o presidente provincial mostrouse convencido de que ao final “haberá unha solución auspiciada polo Ministerio de Industria”, xa que o secretario “está a traballar arduamente nesa solución”. “A diferenza daqueles que foron a facer a foto e logo non achegaron nada, nin diñeiro, nin ideas, o estado si que está a achegar compradores e pode ser un mediador, ou como un comprador intermedio”, sinalou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...