InicioCentralA Xunta aposta por unha Zona Franca en Ferrol pero esquiva que...

A Xunta aposta por unha Zona Franca en Ferrol pero esquiva que A Mariña teña a súa autoridade portuaria propia

Nunha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, Francisco Conde só se centrou nas necesidades do Porto de Ferrol.

Publicada o

- Advertisement -

vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, volveuse a mostrar favorable de poder desenvolver en Ferrol unha Zona Franca en Ferrol, iniciativa xa proposta a alcaldes, representantes empresariais e sindicatos desa comarca, co obxectivo de “achegar un vector de competitividade para esta cidade e para a súa zona portuaria” e desta maneira “poder desenvolver actividade loxística e poder captar novos investimentos na zona de Ferrolterra”.

Estas palabras pronunciounas o tamén conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en Ferrol, onde mantivo un encontro o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, para abordar a iniciativa de Pacto de Estado por Ferrol que expuxo o Goberno da Xunta ao Executivo central e esa posible Zona Franca. Unha xuntanza na que o conselleiro esquivou as numerosas peticións que lle chegaron para que A Mariña teña a súa propia Autoridade Portuaria independente da de Ferrol.

De feito, na súa xuntanza con Seijo só falou das necesidades e infraestruturas do Porto de Ferrol. “É importante que todo o tráfico marítimo se poida vincular ao transporte ferroviario”, detallou o integrante do Goberno da Xunta, en alusión ás obras de construción dos accesos por tren ao porto exterior de Caneliñas. Así, tamén detallou que os fondos Next Generation “son outro punto de encontro” para as administracións e empresas. “Temos que traballar para ver como podemos apoiar estes proxectos”, detallou Conde.

SECTOR NAVAL

En canto ao sector naval, Conde incidiu na importancia que ten para o estaleiro de Navantia Ferrol “contar con algunhas infraestruturas, como son o dique cuberto e tamén o taller de subbloques. “Son aspectos que temos que compartir porque son obras importantes para o desenvolvemento que podamos ter en Ferrol”, sinalou.

A preguntas dos medios de comunicación, Francisco Conde asegurou que o Executivo autonómico atópase “á espera” de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “conteste a esta proposta de Pacto de Estado por Ferrol”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...