O pavillón da Veiga acolleu a presentación do III Campus de Baloncesto EntreNos, que terá lugar entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. “Son seis días de competición, nun formato readaptado á situación sanitaria actual, con máis competición e con moito máis basket co obxectivo de recuperar sensacións logo deste ano tan dificil que vivimos”, subliñou a organización.
O prazo de inscrición continúa aberto pero xa son poucas as prazas que quedan. Esta inciativa está dirixida á mocidade de entre os anos 2004 e 2009. Debido á situación sanitaria tan só se oferta réxime interno “para crear unha burbulla de convivencia entre os participantes, que se someterán a un test de antíxenos antes de ingresar no campus como medida de prevención e seguridade”.
Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket. De todas formas, tamén se programarán actividades complementarias para que os participantes poidan coñcer as mútliples posibilidades que ofrece o Concello de Cervo, tanto desde o punto de vista cultural como deportivo, programando difeerentes saídas qeu enriquecerán a súa experiencia.