InicioM.ambiente e PatrimonioDúas veciñas crean un 'herbario dixital' para gozar da flora de Cervo...

Dúas veciñas crean un ‘herbario dixital’ para gozar da flora de Cervo a golpe de ‘click’

A través dunha web identifican e describen ata 200 especies diferentes, un traballo desenvolvido no marco das bolsas de formación do Concello de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

Un ‘herbario dixital‘ para mergullarse na riqueza e diversidade vexetal do Concello de Cervo a golpe de ‘click’. Este é o proxecto que veñen de desenvolver dúas rapazas da zona, a artista Uxía Treitas e a bióloga Elisa Rodríguez, a través do programa de bolsas de formación remuneradas do propio concello.

“Apaixoadas da natureza, a fotografía e o traballo ao aire libre”, neste herbario dixital “describen e identifican preto de 200 especies diferentes”; unha recompilación froito dun “intenso labor de campo” que realizaron nos últimos meses no marco da bolsa de formación e que, segundo indican, “irán completando nos seguintes meses para desfrute de todos e de todas”.

Dende o Concello de Cervo parabenizan o traballo destas dúas veciñas e indican que ambas “representan a esencia do programa de bolsas de formación remuneradas que ten en marcha o Concello de Cervo desde o ano 2013”. “Unha importante aposta financiada integramente con fondos propios, que ten como obxectivo prioritario ofrecer á xuventude ese primeiro contacto co mundo laboral, reforzando a súa aprendizaxe para enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo”, enganden.

Queres descubrir a flora do Concello de Cervo? Preme aquí.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...