InicioOccidentalCervoBNG solicita a comparecencia da Ministra de Industria e da Presidenta da...

BNG solicita a comparecencia da Ministra de Industria e da Presidenta da SEPI para explicar a situación de Alcoa

Nestor Rego considera inaceptable que o Ministerio rexeite a compra por parte da SEPI como paso previo para garantir proxectos industriais de futuro.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou hoxe a solicitude da comparecendia na Comisión de Industria da Ministra Reyes Maroto e da Presidenta da SEPI, Belén Gualda, para que expliquen a posición do Goberno sobre a situación de Alcoa San Cibrao e sobre a negativa expresada nas últimas semanas a que a SEPI se faga cargo da planta como paso imprescindíble para garantir proxectos industriais estables que aseguren a continuidade da actividade e dos postos de traballo.

O BNG considera que a situación en que se encontra a planta non permite esperar máis e esixe solucións decididas. Nestor Rego considera que a resistencia do Ministerio á intervención pública é “inaceptable e irresponsable” e reclama dar cumprimento á resolución que instaba ao Goberno á intervención pública da planta de aluminio.

Para o deputado do BNG resulta máis rechamante esta negativa tendo en conta que hai 15 se facía pública a decisión do Ministerio de Industria de financiar con cargo a un fondo de 600 millóns de euros a construción dunha nova planta de aluminio primario en Zamora. “Non nos parece de recibo que en canto o Ministerio de Industria se resiste a cumprir os compromisos estabelecidos, incluídas as resolucións do Congreso, estea en disposición de financiar con recursos públicos unha nova planta de aluminio”, resalta Néstor Rego.

O BNG quere que tanto Reyes Maroto como Belén Gualda dean explicacións no Congreso sobre as xestións que están a realizar e a opción da intervención pública para garantir a continuidade da actividade e da totalidade dos postos de traballo nas plantas de aluminio.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...