InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo reclámalle á Deputación que limpe as vías provinciais...

O Concello de Cervo reclámalle á Deputación que limpe as vías provinciais que pasan polo seu municipio

Presentou unha solicitude onde lles urxe o acondicionalemento das estradas que son da súa titularidade, xa que están "invadidas pola maleza".

Publicada o

- Advertisement -

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e a Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, fixeron pública este xoves a preocupación do Concello de Cervo polo estado no que se atopan todas as vías de titularidade provincial que transcorren polo noso termo municipal e cuxo mantemento corresponde á Deputación, “que a día de hoxe están totalmente invadidas pola maleza”.

As concelleiras explican que, como todos os veráns, solicítanlle ao organismo provincial que leve a cabo estes traballos ““porque o estado destas vías, á marxe da mala imaxe que proxecta, supón un serio perigo para a seguridade dos peóns e do tráfico rodado”, explican.

Co inicio do verán aumeta considerble o fluxo de peóns e de vehículos. Tendo en conta isto, desde o Concello de Cervo pídenlle  á Deputación Provincial que asuma a súa responsabilidade e que acondicione estas estradas con urxencia xa que son moitos os puntos destas vías provinciais onde hai unha falta de visibilidade e espazos adecuadamente transitables.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...