InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo recupera as Noites Alternativas e priorizará as actividades...

O Concello de Cervo recupera as Noites Alternativas e priorizará as actividades ao aire libre

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo volve apostar para os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas e polo programa Enredando no Verán, adaptando as actividades á situación sanitaria e priorizando as iniciativas individuais e ao aire libre.

“Os programas comezaron esta mesma semana e contemplan un amplo abano de posibilidades pensadas para todos os públicos”, apunta o concello nun comunicado. Este mesmo xoves, por exemplo, terá lugar a proxección do filme “Cuñados” ás 22:30 horas, na Praza do Lugar en San Ciprián. A actividade é de balde e o aforo é limitado. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no mesmo lugar do evento ás 22:00 horas.

A axenda das Noites Alternativas tamén contempla rutas en Kaiak, rutas nocturnas en bici, paddle surf, maxia, teatro, deportes de aventura, aerofit, rutas de sendeirismo, noites de orientación…Todas as actividades serán ou en Cervo ou en San Cibrao, a partir das 21:00 horas.

MÁIS OFERTAS

Pola súa banda, o programa Enredando no Verán, está pensado para as crianzas, e incluirá piragüismo, inchables acuáticos, un laboratorio de perfume, un circuíto de seguridade vial, un taller de cómic, bádminton, surf…Tanto As Noites Alternativas como o programa Enredando son de balde, e desenvolveranse de luns a xoves.

A oferta lúdica – cultural complétase cun curso de ioga infantil que terá lugar os martes, (para crianzas de 6 a 9 anos; de 11:30 a 12:30 horas) e os Xoves (para  crianzas de 10 a 12 anos; 11:30 a 12:30 horas), na Casa do Mar de San Cibrao. baixo inscrición previa na Casa da Cultura ou no 691 65 66 00. Tamén se ofertarán bicis eléctricas en aluguer na Praza do Campos, o 10, 11 e 24 de xullo e o 7, 8, 21 e 22 de agosto.

Ademais haberá rutas por diferentes puntos de interese do concello, con guía turístico. Serán o 17, 18 e 31 de xullo; e o 1, 14, 15, 28 e 29 de agosto; con inscrición previa na Casa da Cultura e no 691 65 66 00.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...