InicioOccidentalCervoO Porto de San Cibrao non entra nos plans de renovación da...

O Porto de San Cibrao non entra nos plans de renovación da Autoridade Portuaria de Ferrol

Renovará as vías e a iluminación do Porto de Ferrol pero non destina partidas para o de San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao decidiu realizar varios investimentos no Porto de Ferrol, pero non no de San Cibrao. Así, puxo en marcha a renovación das vías do ferrocarril na dársena interior e a dotación dunha nova no acceso da Malata, o que aumentará a capacidade de tránsito ao permitir realizar operacións dunha forma máis rápida e sinxela.

Estas actuacións enmárcanse no plan de empresa do Porto e contan cun orzamento de 8,1 millóns de euros, que serán financiados de forma íntegra con fondos europeos dentro da partida percibida por Portos do Estado do plan para a recuperación económica. Así, as obras comezarán en 2023, segundo detallou a institución que preside Indalecio Seijo.

Así, renovaranse as vías do ferrocarril na dársena interior, en concreto as que transcorren en paralelo ao peirao Fernández Ladreda e a rúa principal, que datan de hai máis de 50 anos e non se adaptan os estándares actuais. Ademais, executarase unha nova vía no acceso da Malata, que se sumará ás dous existentes na entrada do porto interior.

Estas intervencións completarán a ligazón ferroviaria a Prioriño, uns traballos cuxo orzamento supera os 90 millóns de euros e que executa o Porto co apoio do Fondo Financeiro de Accesibilidade Terrestre (FFAT), apoiado polo Banco Europeo de Investimentos (BEI). Así mesmo, conta con financiamento do Mecanismo Conectar Europa da UE.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Por outra banda, a Autoridade Portuaria captou 1,1 millóns de euros procedentes de fondos europeos para actuacións aliñadas coa sustentabilidade ambiental que incluirán a renovación do sistema de iluminación exterior do porto interior e Caneliña e a instalación de placas solares.

Do mesmo xeito, poranse en funcionamento compensadores de marea para pechar a dársena interior no caso dunha vertedura e conectaranse as instalacións do Porto en Mugardos á rede de saneamento, ademais de adquirirse dous vehículos eléctricos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...