
O Concello de Cervo aposta durante os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas, unha axenda de actividades nocturnas que se celebran en Cervo e San Ciprián a partir ds 21.00 horas. Maxia, teatro, deportes, rutas de sendeirismo… son algunhas das actividades que oferta o concello durante os meses de xullo e agosto dentro do seu programa Noites Alternativas.
Este martes, 27 de xullo, pola noite, a oferta desprázase a San Ciprián, que ofrecerá unha actividade de orientación nocturna para todos os públicos. Ademais, a noite do mércores 28 será a quenda dos deportes de aventura.
Na pasada xornada, 26 de xullo, a Praza do Souto de Cervo o espectáculo circense Islaletriska foi un reclamo para un numeroso público, que se achegou ao lugar para gozar do espectáculo, cumprindo aforos, medidas de protección e distancia de seguridade.
Nun comunicado, o Concello destaca “o amplo abano de posibilidades pensadas para todos os públicos”.