InicioOccidentalCervoO Goberno central de Alcoa analiza este venres solucións alternativas para a...

O Goberno central de Alcoa analiza este venres solucións alternativas para a nova factoría

Alcoa traslada a Maroto este venres "unha contraproposta de risco compartido" para o futuro da planta de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa reúnese este venres coa ministra de Industria, Reyes Maroto, segundo informa, “para propor solucións alternativas aos retos da planta de aluminio de San Cibrao”.

A multinacional asegura que considerou “a proposta verbal” realizada pola ministra Maroto durante a reunión do 19 de xullo co presidente e conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey “e, tras a súa análise, Alcoa presentará hoxe -por este venres- á ministra unha contraproposta de risco compartido que podería achegar un futuro á planta e á actividade industrial na rexión”.

“Esta proposta é resultado do compromiso continuo de Alcoa por atopar solucións para resolver os retos que afronta a planta de aluminio de San Cibrao, e confiamos en que sexa ben acollida polos traballadores e demais partes interesadas”, destaca.

Maroto trasladou a Harvey unha proposta para a venda directa da fábrica a un comprador interesado, isto é, sen a intervención do Goberno central como intermediario a través da SEPI (sociedade estatal de participacións industriais), cuestión que reclama a compañía.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...