InicioOccidentalCervoOs éxitos musicais españois dende os 80 amenizarán a Praza do Souto...

Os éxitos musicais españois dende os 80 amenizarán a Praza do Souto en Cervo

A programación de Noites Alternativas de Cervo trae á vila a actuación de Dani Royo&versions band.

Publicada o

- Advertisement -

A banda Dani Royo&versions band, que versiona éxitos españois de todos os tempos dende os anos 80 ata a actualidade, actuará nesta noite do 3 de agosto ás 21.30 horas na Praza do Souto. O concerto, que é de balde, enmárcase dentro da programación das Noites Aletnativas, unha axenda cultural que ofrece actividades para todos os públicos no Concello de Cervo.

Para os vindeiros días está prevista a actuación do Grupo Arizona, na Praza dos Campos, que tocarán ás 21:30 horas. Para asistir a este evento cómpre estar no lugar con media hora de antelación para inscribirse e acomodar aos asistintes seguindo o protocolo de prevención fronte a Covid-19.

O Concello de Cervo conta cunha ampla programación para que os veciños poidan gozar dun verán único. Na xornada do 2 de agosto, foi a que da para os máis pequenos, que se divirtiron nunha Festa da Escuma que tivo lugar na Praza dos Campos. Esta actividade forma parte de Enredando no verán, organizadas tamén polo Concello. Nesta mesma xornada o mago Deimi trouxo a maxia á vila, cunha actuación na que tamén houbo un gran ambiente, cumprindo e respectando en todo momento os aforos, as medidas de prevención e distanciamento social.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...