InicioOccidentalCervoGoberno, Xunta, sindicatos e comité de Alcoa San Cibrao reúnense de novo...

Goberno, Xunta, sindicatos e comité de Alcoa San Cibrao reúnense de novo o luns para “unificar posturas”

Abordarán a eventual venda da fábrica de Cervo a un terceiro.

Publicada o

- Advertisement -

Goberno, Xunta, sindicatos e comité de empresa de Alcoa San Cibrao reúnense o vindeiro luns 30 de agosto para abordar a eventual venda da fábrica de aluminio de Cervo a un terceiro.

O encontro, segundo informa o comité, está fixado para as 16,30 horas e o seu obxectivo é tratar de “acabar de unificar posturas” para avanzar na operación, que está bloqueada desde hai meses.

A escasos días do inicio de setembro, sobre o persoal pesa a data do 20 de outubro, día no que o Tribunal Supremo convocou aos maxistrados da sala do social para debater sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) na fábrica. Ese axuste afectaba a máis de medio centenar de empregos da planta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...