InicioOccidentalCervoCervo pide que a Deputación remate as obras de acceso ao polígono...

Cervo pide que a Deputación remate as obras de acceso ao polígono de Cuíña

Segundo o goberno local de Cervo, esta petición ten carácter reiterativo, posto que xa se leva reclamando desde o ano 2007. A actuación conlevaría completar a expropiación dos terreos cunha superficie aproximada de 700 metros e a execución completa do tramo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo reclama nun escrito á Deputación de Lugo que remate as obras da vía que daría acceso ao polígono de Cuiña. Segundo o escrito, sinala que as obras “comezaron xa hai tempo e deixaron sen rematar”.

A obra comezou cunha primeira fase na que a Deputación se fixo cunha parte dos terreos, uns 800 metros dos 1500 totais. A segunda parte do proxecto constaría de facerse cos 700 metros restantes e executar a obra.

Esta estrada conectaría a N-642 á altura de Espiñeirido co parque empresarial, abrindo unha conexión máis sinxela para as empresas establecidas ata a restante rede de estradas.

Para o Concello de Cervo trátase dun vial fundamental para as posibilidades do polígono de Cuiña, posto que, a pesar do potencial do mesmo e da súa magnitude, na actualidade presenta importantes deficiencias no referente aos seus accesos.

Esta petición ten carácter reiterativo, posto que xa se leva reclamando desde hai case quince anos, tendo presencia en varias sesións plenarias. A última vez, no pleno celebrado o pasado 5 de agosto no que se aprobou a moción para instar á Deputación a poñer as obras en marcha.

Esta semana o Alcalde Alfonso Villares e a Tenente de Alcalde Dolores García Caramés, reuníronse cos representantes da Asociacion de Veciños de San Ciprián, Jose Luis Sariego e Jaime Barreal, abordando a importancia da finalización deste vial.

Comenta o alcalde Alfonso Villares que “tratamos de poñerlle voz ás empresas que en recorrentes ocasións demandaron un mellor acceso ao polígono de Cuiña. Con esta infraestrutura melloraríase exponencialmente as conexións e a capacidade de traballo das entidades establecidas no parque empresarial e sería un gran incentivo para que seguiran medrando dentro do noso municipio”. Engade tamén que “é de suma importancia que a Deputación retome os traballos dun vial que levamos tanto tempo reclamando e é de capital importancia para o noso Concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...