InicioOccidentalCervoCervo comeza esta semana as Xornadas sobre o Alzheimer coa colaboración de...

Cervo comeza esta semana as Xornadas sobre o Alzheimer coa colaboración de Terramar

O programa celebrarase os meses de outubro, novembro e decembro e nelas colabora a Asociación de Xubilados Terramar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de servicios sociais e en colaboración coa Asociación de xubilados Terramar, organiza unhas xornadas sobre o alzheimer e o envellecemento activo.

As xornadas, impartidas pola terapeuta Reyes Quelle Fra, darán comezo o próximo mércores 6 de outubro. Serán os mércores de 18h a 19h na Casa do Mar de San Cibrao e os xoves de 18h a 19h no Ecomuseo de Cervo. Os grupos, debido ás restricións de aforo terán un máximo de 10 persoas.

As xornadas gozarán de actividades interactivas e dinámicas na que se farán exercicios con música, estiramentos, exercicios de relaxación, etc. nas que tamén se incluirán novas tecnoloxías para a activación neurocognitiva.

As inscricións xa están abertas. Pódese anotar presencialmente na Casa da Cultura ou a través dos teléfonos 982595157 – Casa da Cultura – ou 982557777 – Departamento de Servicios Sociais do Concello de Cervo-.

Durante estes tres meses estarán a disposición de todos e todas dúas caixas de correos – unha na Casa da Cultura e outro no Concello de Cervo – nas que presentar dúbidas sobre o alzheimer que serán respondidas ao longo das xornadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...