InicioCulturaMúsica en Cervo co ciclo "O Son do Nordeste"

Música en Cervo co ciclo “O Son do Nordeste”

Este programa traerá a Cervo música nas noites de outubro, novembro e decembro. “O son do nordeste” contará con unha gran diversidade de grupos con diferentes estilos de música.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “O son do nordeste” que encherá a vila de música diversa de aquí a final do ano.

“O son do nordeste” será un ciclo de música que acollerá concertos de diversos estilos musicais en diferentes emprazamentos do Concello de Cervo durante as noites dos meses de outubro, novembro e decembro.

Este ciclo musical inaugúranse o vindeiro luns 11 de outubro co concerto de The Show Bass ás 21:00H na Praza dos Campos de San Cibrao. O grupo compostelán tocará cancións con ritmos rocksteady, rythm & blues e soul xamaicano.

Segundo a Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés “trátase dunha continuación do extenso programa de concertos que vimos celebrando durante todo o verán e que tiveron unha grande acollida. Agardamos que agora, coa mellora da situación derivada da pandemia, podamos celebrar os concertos acollendo a normalidade pouco a pouco, pero sen perderlle o respecto ao virus”.

Engade tamén que se trata “de aquí ata final de ano gozaremos dunha oferta musical variada e para os amantes de todos os estilos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...