InicioOccidentalCervoAberto en Cervo o prazo de solicitudes das axudas para mercar material...

Aberto en Cervo o prazo de solicitudes das axudas para mercar material escolar

As familias teñen ata o 3 de novembro para presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello. Cada escolar recibirá un máximo de 130€ en función da renda familiar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos dous centros do municipio nos que se imparte este ciclo educativo, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo. A convocatoria permanecerá aberta ata o 3 de novembro.

O rexedor, Alfonso Villares, apuntou que “dispuxemos dunha partida orzamentaria de 8.000 euros para estas axudas e cada escolar recibirá un máximo de 130 euros en función da renda familiar”.

Cada impreso de solicitude deberá ir acompañado das fotocopias do DNI dos membros da unidade familiar, unha fotocopia do libro de familia, certificado do nivel de renda e factura da compra ou orzamento do material adquirido nun establecemento comercial do municipio. A documentación ten que presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Os impresos e as bases están dispoñibles na Casa da Cultura e no Concello de Cervo, ademais de do taboleiro de anuncios da páxina web municipal

https://cervo.sedelectronica.es/board/.

Esta liña de axudas vén sumarse a outras que o Concello de Cervo convoca ano tras ano en beneficio das familias e da educación, como poden ser as axudas de transporte.

Para a Delegada de Educación, Dolores García Caramés, estas axudas “supoñen un apoio á hora de facilitar a educación das crianzas”. Engade tamén que “para o noso goberno a educación é un eixo fundamental dentro das nosas políticas e avogamos por seguir implementando medidas que sigan o camiño de favorecer e mellorar a vida das familias do noso Concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...