InicioOccidentalCervoVolve a entrada libre á piscina de Cervo que retira a cita...

Volve a entrada libre á piscina de Cervo que retira a cita previa para acceder

Os usuarios poderán acceder tanto ao vaso como ao ximnasio sen necesidade de reservar unha cita previamente. A medida entra en vigor o vindeiro martes 2 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

A piscina Olímpica Municipal de Lieiro volve á normalidade a partir do vindeiro martes 2 de novembro. Desde esa data, os usuarios e usuarias do complexo xa non necesitarán facer unha reserva previa para o acceso ás instalacións deportivas.

Recordamos tamén que xa desde o pasado sábado, os aforos en instalacións deportivas permiten o 100% de ocupación, polo que a Piscina Olímpica Municipal de Lieiro pode acoller a súa máxima capacidade.

Segundo o o concelleiro de deportes, Davíd Rodríguez, trátase “dunha boa nova que significa que pouco a pouco vamos deixando atrás a pandemia e vamos recuperando a normalidade”. Salienta tamén que “con estas novas medidas os usuarios e usuarias poderán gozar de máis liberdade á hora de acceder ás nosas instalacións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...