InicioOccidentalCervoCervo substitúe a vella rede de saneamento na Avenida da Mariña

Cervo substitúe a vella rede de saneamento na Avenida da Mariña

O Concello invirte máis de 48.000 euros de fondos municipais na execución desta obra. Renovarase a rede de abastecemento de auga e implementarse unha rede de sumidoiros que permita diferenciar as augas pluviais das residuais.

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores García Caramés e a concelleira de medio ambiente Mali Méndez, supervisaron esta semana as obras de substitución da rede de saneamento que se están a levar a cabo na Avda. da Mariña.

Estas obras, que van desde o cruce da Rúa da Cruz ata o cruce da rúa Bellavista e a Rúa da Veiga, renovarán a rede de abastecemento de auga, dotarán de bocas de rega á rúa e mellorarán a pavimentación da estrada que transcorre pola avenida. Con esta actuación tamén se implementará unha nova rede de sumidoiros cun avanzado sistema de separación que poderá diferenciar as augas pluviais das residuais.

O orzamento final desta execución ascende a 48.368 euros, financiados na súa totalidade polas arcas municipais. Apunta o alcalde que “a realización da obra é un pouco máis complexa do habitual, posto que se atopa nunha ubicación con diversas canalizacións, pero o noso obxectivo prioritario é que a actuación se finalice no prazo máis curto posible”.

Villares engadíu tamén que “a execución desta obra é posible grazas a unha xestión eficiente e eficaz dos recursos públicos, posto que este proxecto será financiado na súa totalidade con fondos municipais”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...