InicioOccidentalCervoCervo prepara carpas para as festividades dos próximos meses

Cervo prepara carpas para as festividades dos próximos meses

Esta fin de semana acollerán a programación de Samaín que contará cun contacontos de medo na Praza do Souto e a Festa Infantil de Samaín en San Cibrao. Nos meses de novembro, decembro e xaneiro acollerán os ciclos musicais “A Caixa de Música”, “O Son do Nordeste” e o resto de eventos culturais que se celebren ao aire libre.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo instala unha carpa na Praza do Souto e outra na Praza dos Campos para acoller os eventos culturais dos meses de novembro, decembro e xaneiro.

Para esta fin de semana as carpas acollerán a programación pertencente ao Samaín 2021, que mañá sábado contará cun contacontos na Praza do Souto ás 12:30H e unha Festa infantil de Samaín na Praza dos Campos de 17H a 20H.

Ademais, para hoxe hai sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:00H coa película “Monster House”; e o domingo temos de novo sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:30H co filme “La purga: la noche de las bestias” e a festa de Samaín 2021 na Sala de Exposicións do Complexo Histórico-Artístico de Sargadelos de 17:30H a 21H a cargo da Asociación A Fervenza de Sargadelos.

Durante os meses de novembro, decembro e xaneiro as carpas serán o lugar das actuacións pertencentes aos ciclos musicais “A Caixa de Música”, que está dedicado a bandas e grupos de música clásica; e “O Son do Nordeste”, que encherá Cervo unha gran diversidade de grupos con diferentes estilos musicais, ademais do resto de eventos culturais que celebren ao aire libre.

Segundo Alfonso Villares “desde o Concello de Cervo apostamos polos eventos culturais ao longo de todo o ano. Por iso decidimos instalar estas dúas carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos, que permiten tanto á veciñanza como aos visitantes gozar da nosa programación aínda que as condicións climatolóxicas non sexan favorables”.

Para a concelleira de cultura Dolores García Caramés “o Concello de Cervo goza dunha programación cultural variada e diversa” e apunta que “as carpas facilitarán a celebración dos eventos culturais ao aire libre durante os meses de novembro, decembro e xaneiro, nos que están programados, por exemplo, varios concertos pertencentes aos ciclos de “A Caixa de Música” e “O Son do Nordeste”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...