InicioOccidentalCervoOrde do Concello de Cervo para demoler dúas estruturas inacabadas en San...

Orde do Concello de Cervo para demoler dúas estruturas inacabadas en San Cibrao

Estas obras son dúas construcións non finalizadas, propiedade de Os Molineros e Pasillo Verde, cuxa licencia urbanística foi concedida xa no ano 2006 e debido á crise económica quedaron sen rematar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo ordena a demolición dos dous bloques de vivendas sen rematar situados en Galdín, San Cibrao, a custo do interesado, que en ambos casos é a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Restructuración Bancaria S.A. (SAREB).

No caso de incumprimento da orde de demolición no prazo de tres meses, procederase, ou ben á execución subsidiaria da mesma, ou ben á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Estas obras son dúas construcións non finalizadas, propiedade de Os Molineros e Pasillo Verde, cuxa licencia urbanística foi concedida xa no ano 2006 e debido á crise económica quedaron sen rematar.

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “ fai xa máis de catro anos que iniciamos os trámites para lograr, en primeiro lugar, a caducidade da licencia de ambas construcións, que xa se conseguiu; e en segundo lugar iniciar un expediente de reposición de legalidade urbanística, que tamén está rematado”.

Engade o rexedor que “ordenar a demolición dos dous esqueletos é xa o último paso e agardamos que o SAREB, que é a entidade propietaria e encargada do custo da demolición, cumpra e execute este requirimento

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...