InicioOccidentalCervoA Casa da Cultura de San Cibrao contará con rampa de acceso...

A Casa da Cultura de San Cibrao contará con rampa de acceso para persoas con mobilidade reducida

A Casa da Cultura pasará a ser máis accesible para as persoas con mobilidade reducida. A actuación consta dun orzamento de máis de 33.000 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor Alfonso Villares, a delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez achegáronse ata as obras que se están executar na Casa da Cultura de San Cibrao.

A reforma consiste nunha mellora substancial no referente á funcionalidade na planta baixa do edificio, creando, en primeiro lugar, un acceso máis favorable ás persoas con mobilidade reducida. Tamén se efectuará unha renovación do pavimento, substituíndo o actual por unha superficie antideslizante que favoreza un uso non discriminatorio e máis seguro das instalacións.

O orzamento total desta actuación ascende aos 33.056,12 euros, subvencionados ao 90% pola Xunta de Galicia e o restante 10% polas arcas municipais.

Destaca Villares: “con esta obra conseguimos crear unha nova entrada ao edificio, que sexa máis cómoda para os usuarios da Casa da Cultura e, ademais, facilitamos o acceso a persoas con mobilidade reducida á instalación ”. Engade tamén que “aproveitamos tamén para facer traballos na planta baixa que aporten unha maior funcionalidade ás instalacións, podendo aproveitar ó máximo o espazo dispoñible”.

Apunta a concelleira de cultura Dolores García Caramés que “grazas á aportación da Xunta de Galicia, conseguimos dotar á Casa da Cultura dun mellor acceso para todos os usuarios da instalación”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...