Cervo leva adiante labores de retirada dos biofiltros aparecidos nas praias da Caosa e Cubelas

Estes biofiltros apareceron na mañá deste xoves. O Concello de Cervo apunta que descoñecen a súa orixe.


O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, está a acometer labores de limpeza nos areais de Cubelas e A Caosa para extraer unha gran cantidade de biofiltros que apareceron na mañá deste xoves, polo momento, teñen orixe descoñecida.

Unha brigada formada por operarios do Concello está a traballar nestes momentos para recoller todos os biofiltros e restos materiais que apareceron xunto a eles.

Estes biofiltros están compostos dun material reutilizable. Unha vez recollidos e almacenados, destinaranse á estación depuradora de Figueirido, onde se aproveitarán e formarán parte do proceso de depuración das augas.

Apunta a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez: “en canto se tivo coñecemento da aparición destes elementos nos areais, puxémonos en contacto cos operarios do Concello para enviar a unha brigada o antes posible e comezar as labores de limpeza”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here