InicioOccidentalCervoCervo localiza a orixe dos biofiltros que apareceron en praias do concello

Cervo localiza a orixe dos biofiltros que apareceron en praias do concello

Os biofiltros proceden da piscifactoría situada no polígono industrial de Cuiña. A empresa correrá coas responsabilidades pertinentes da emisión destes elementos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de localizar a orixe da gran cantidade de biofiltros que apareceron, na mañá do pasado xoves, nas praias de Cubelas e A Caosa.

A piscifactoría situada no polígono industrial de Cuiña, púxose en contacto co goberno municipal na mañá de hoxe para manifestar que os biofiltros procedían da súa explotación, e que se farán cargo das responsabilidades derivadas desta emisión.

Desde o equipo de goberno valoran positivamente que “xa poidamos coñecer a procedencia destes biofiltros, e que a propia empresa corra coas obrigas que poidan xurdir”.

Apunta a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, que “seguiremos vixiantes ante a aparición de máis biofiltros ou calquera outro material que poida proceder desta emisión” e engadiu tamén que “estaremos en contacto permanente coa empresa responsable, que se fará cargo de todos os custos que o Concello teña que asumir derivados desta situación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...