O Concello de Cervo pecha as súas instalacións debido á folga xeral convocada na Mariña o vindeiro 17 de novembro.
Como mostra de apoio, decidiuse pechar todos os servizos municipais, agás aqueles que son considerados de carácter básico, que son os seguintes:
Rexistro
Policía Local
Servizo de emerxencias (GES)
Servizo de axuda no fogar
Recollida de lixo e mantemento
Apunta o rexedor, Alfonso Villares: “desde o equipo de goberno do Concello de Cervo acordamos decretar o peche dos servizos municipais non básicos”.