InicioOccidentalCervoConcentración moteira na Mariña contra a crise industrial

Concentración moteira na Mariña contra a crise industrial

A xornada de folga xeral contou con críticas á ministra Reyes Maroto, que nega "inacción" por parte do Goberno.

Publicada o

- Advertisement -

Ao redor de 500 motoristas concentráronse este domingo na Mariña en apoio aos traballadores de Alcoa e como protesta contra o desmantelamento da industria na comarca lucense. Na caravana participaron varios clubs de motos de toda Galicia e tamén de Asturias, e estivo apoiada, ademais, por diversas asociacións de hostaleiros e comerciantes da zona.

Os participantes saíron ás 10,30 horas da Praza Santa María de Ferreira do Valadouro e percorreron diferentes rúas da localidade ata atoparse, ás 13,00 horas, na Praza dos Campos de San Cibrao, onde queimaron simbólicamente unha moto coa palabra SEPI escrita, pilotada pola ministra de Industria, Reyes Maroto, e coa vicepresidenta Yolanda Díaz como copiloto.

En declaracións a Europa Press, o presidente do Comité de Empresa de Alcoa, José Antonio Zan, destacou a “moi boa” acollida da concentración, non só por parte dos participantes, senón tamén dos propios veciños. Respecto de futuras concentracións, Zan recoñece que sentarán nos próximos días para decidir como proceder. E é que esta mesma semana, o pasado mércores, a comarca da Mariña saía á rúa para reclamar “futuro” fronte á crise industrial que se visualiza nos conflitos de Alcoa e Vestas.

POSTURA DO GOBERNO

Nunha xornada de folga xeral en toda a comarca, o seguimento foi amplo, con paradas de actividade en polígonos, comercios, hostalaría e colexios e institutos, entre outros centros de traballo. Moitas das críticas, tanto do Comité de Empresa como da Xunta, dirixíronse á ministra Maroto, que este domingo defendeu nunha entrevista concedida a Cadea Ser e recollida por Europa Press o proceder do Executivo e instou ademais a Alcoa, “única responsable” da situación, a “abandonar” A Mariña.

“Levamos intervindo desde o inicio do proceso buscando solucións. Tamén personándonos nunha causa que gañamos e que permitiu restituír os dereitos dos traballadores e evitar que parasen as cubas”, lembrou a ministra. Sobre se a única saída é o peche, Maroto aseverou que existen outras alternativas, pero que o problema “está na empresa, que non busca outras alternativas”. A este respecto, a responsable de Industria sinalou que case se alcanza un acordo en setembro, “que se frustrou pola actitude da empresa”.

ESTALIDO SOCIAL

Nesta liña, desmentiu que o Goberno non estea a atender a problemática de Vestas, tras criticar a Xunta de Galicia a súa “pasividade”. “Non é verdade, sempre que se nos chama, estamos aí”, aseverou Maroto. A pesar destas circunstancias, a ministra de Industria non ve perigo dun estalido social, dado o descontento en moitos sectores. “É certo que hai inquietude nalgúns sectores, pero espero que non se traslade a todos. Estamos nun contexto de reactivación económica pero que chega a todos os sectores a diferente velocidade”, explicou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...