InicioOccidentalCervoMúsica e teatro en Cervo para conmemorar o Día Internacional contra a...

Música e teatro en Cervo para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Ademais, durante toda a semana, iluminarase de morado os diferentes edificios públicos como símbolo de repulsa da violencia de xénero e en apoio a todas as mulleres que sofren ou sufriron nas súas vidas esta lacra.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), programa unha xornada baixo o lema “ponlle fin para ter un comezo”, que inclúe unha obra de teatro e un concerto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

A obra de teatro de Francisco Piñeiro, que se representará o venres 26 de novembro na Casa da Cultura de San Cibrao ten como título “Alegoría da igualdade”. A compañía encargada da representación será o Grupo Ardora e a hora de comezo será ás 19:00H. Ao remate da obra, a artista local Marta Suárez dará un concerto para todos os asistentes.

O Concello de Cervo tamén colaborou xunto coa Asociación Bumei – Mujeres en Igualdad da Provincia de Lugo, na gravación dun spot televisivo en contra da violencia de xénero, que se está a emitir desde este luns ata o venres 26 na TVG.

Ademais, durante toda a semana, iluminarase de morado os diferentes edificios públicos como símbolo de repulsa da violencia de xénero e en apoio a todas as mulleres que sofren ou sufriron nas súas vidas esta lacra. Convócase tamén un minuto de silencio o xoves, 25 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa do Concello, en recordo das vítimas da violencia machista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...