A Xunta afirma que é “responsabilidade do Goberno que se poida garantir” unha solución “definitiva” para Alcoa

Francisco Conde sostén que a Xunta "seguirá onde estivo sempre, á beira dos traballadores, traballando por unha solución definitiva".

O conselleiro de Economía, Francisco Conde. GALICIA CONFIDENCIAL

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, afirma que é “responsabilidade do Goberno que se poida garantir” unha solución “definitiva” para a planta de Alcoa en Cervo, tendo en conta que a oferta que trasladou a empresa ao comité este luns é “provisional”.

Neste sentido, en declaracións aos xornalistas nun acto en Monforte, Conde constatou “o fracaso do Goberno desde o punto de vista de política industrial”, tendo en conta que “non foi capaz de establecer un prezo eléctrico competitivo que poida garantir o mantemento da actividade”.

Á espera de coñecer “todos os elementos” da proposta da multinacional “para poder avaliala”, o vicepresidente económico da Xunta apelou a que Alcoa “poida concretar cales son as garantías desde o punto de vista dos investimentos industriais e dos investimentos enerxéticos”.A Xunta, subliñou, “seguirá onde estivo sempre, á beira dos traballadores, traballando por unha solución definitiva” para o complexo da Mariña.

Neste contexto, lamenta que se vaia “a producir o paradoxo de que Alcoa pretende deixar de producir aluminio primario” e haxa que importar os materiais primarios. Este feito, profundou, “é un fracaso e hai que traballar conxuntamente para que se poida atopar esa solución definitiva”, o que buscan, segundo incidiu, “traballadores e Xunta”.

Por iso, Francisco Conde cre que o Goberno “debería convocar de forma inmediata a todas as partes para poder traballar nesa proposta de Alcoa para ver se realmente vén acompañada de garantías e se se pode definir unha solución definitiva para dar certidumbre” ao persoal.

1 COMMENT

  1. A Xunta nn ten q estar a beira dos traballadores, ten q facer polos postos de traballo. Non fixo, non fai, e nn fará. Nin Goberno nin Xunta estan pola labor, pero a q aspiran os gobernos? A fomentar o vaguismo, folgazaneria… q a xente viva do cuento e das pagas… nos llevan a Cuba, por si naide se deu conta

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here