InicioOccidentalCervoNova edición de 'Cervo Concilia' para o Nadal dirixido a crianzas de...

Nova edición de ‘Cervo Concilia’ para o Nadal dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos

Dará comezo o xoves 22 de decembro e finalizará o venres 7 de xaneiro. O prazo de inscrición ábrese mañá e remata o vindeiro venres 17 de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo organiza para este nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o xoves 22 de decembro. Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

Estenderase durante as vacacións de nadal, finalizando o venres 7 de xaneiro. O horario de entrada será entre as 09:00h e as 10:00H e o de saída oscilará entre as 14:00H e as 14:30h, permitindo unha maior flexibilidade a pais e nais.

As inscricións poñeranse disposición das familias na Casa da Cultura de San Cibrao e na Casa do Concello a partir de mañá, 2 de decembro. O prazo para anotarse remata o 17 de decembro e as prazas son limitadas.

Apunta a Delegada de Educación, Dolores García Caramés: “cremos que este programa supón un apoio moi grande ás familias, permitindo tanto a pais como nais conciliar a vida familiar e laboral. Ademais, dotamos ás crianzas dunha gran variedade de actividades multidisciplinares nas que poder entreterse e aprender”.

A concelleira apunta tamén “a situación sanitaria require dunha loxística especial, pero desde o Concello queremos facer este esforzo para que o programa se leve a cabo, sempre respectando estritamente todos os protocolos de seguridade exixidos polas autoridades”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...