O Ministerio de Industria convocou para este venres, ás 11,30 horas, unha reunión telemática para abordar a última proposta de Alcoa para a planta de San Cibrao, en Cervo.
En concreto, a multinacional do aluminio trasladou ao comité unha oferta que supón cesamentos temporais da actividade da fábrica a cambio dun permiso retribuído aos traballadores afectados e o compromiso de “non iniciar ningún despedimento colectivo por un período de catro anos”.
Os representantes dos traballadores esixen que primeiro os gobernos “se mollen” con recursos e garantías para alcanzar unha solución e advirten de que por agora “non lle serve” a proposta, en primeiro lugar, porque os traballadores das auxiliares “son igual que os de Alcoa”.
Neste escenario, ministerio, comité e Xunta analizarán este venres a situación, nun encontro que se convoca de maneira telemática para as 11,30 horas e a modo de “reunión preparatoria sobre temas relacionados con Alcoa”.