InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo comparecerá na poxa polos terreos con edificacións sen...

O Concello de Cervo comparecerá na poxa polos terreos con edificacións sen rematar na Atalaia

A adquisición destes terreos forma parte dun proxecto que pretende acabar cos feísmos e humanizar a zona do faro. A parcela na que está situada o edificio sen rematar ten unha superficie de case mil setecentos metros cadrados. O edificio sae a poxa despois dos trámites administrativos realizados polo propio Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo comparecerá no concurso que terá lugar este xoves 16 de decembro, no cal se celebrará a poxa do inmoble en estrutura, sen rematar, situado na zona da Atalaia, en San Cibrao.

A adquisición dos terreos que conteñen este edificio forman parte dun plan de humanizar e abrir ao mar toda a contorna do faro. Este proxecto vai na liña xeral do goberno de acabar cos feísmos paisaxísticos no municipio. Nesta actuación concreta, o obxectivo é, ademais de reparar a panorámica da zona, poñer en valor o Xacemento Arqueolóxico do Castro da Atalaia, posto que a edificación en cuestión afecta directamente a este lugar.

A parcela ten unha superficie total de 1.658,42m2, que proxectan unha estrutura construída no ano 2007, na que se pretendía albergar 42 vivendas, con garaxes e rochos, en 7 niveis diferentes.

O edificio, xunto cos terreos, saen a poxa despois dos trámites administrativos realizados desde o Concello para posibilitar esta situación. No ano 2019 iniciouse un informe técnico de reposición da legalidade, que desembocou en tres multas coercitivas por un valor total de 13.000€ e aprobouse o Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia. Agora, o seguinte paso por parte da propiedade é sacar o inmoble a poxa para a súa venda.

Apunta o rexedor Alfonso Villares: “A adquisición deste edificio sería un paso máis no conxunto de actuacións que desde o equipo de goberno estamos a levar a cabo para poder acabar cos feísmos paisaxísticos dentro do noso termo municipal”. Engade que “conseguimos chegar ata esta poxa logo dos trámites administrativos realizados desde o Concello, desde o informe técnico da reposición de legalidade, ata as multas coercitivas impostas sobre o inmoble”.

Engade Villares que “a adquisición desta estrutura permitiríanos acometer labores de conservación e divulgación do xacemento do Castro da Atalaia, a través da reordenación de accesos e rúas e aumentando o espazo de desfrute público”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...