InicioOccidentalCervoCervo celebrará o vindeiro sábado o XIII Campionato de Nadal de Nihon...

Cervo celebrará o vindeiro sábado o XIII Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu

A cita será ás 17:00 horas no Pavillón Municipal da Veiga de San Cibrao. Asistirán ao campionato participantes das catro provincias galegas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acollerá o sábado 18 de decembro o XIII Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu nas modalidades de Kata de base e Goshin Shobu (defensa persoal).

O evento foi presentado polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-Jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón Municipal da Veiga. Ao campionato acudirán participantes das catro provincias galegas.

Estímase que serán medio cento os participantes, desde a categoría alevín ata senior. Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 6 categorías.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...