InicioOccidentalCervoO Pleno de Cervo aproba a moción do PPdeG para apoiar o...

O Pleno de Cervo aproba a moción do PPdeG para apoiar o sector lácteo

A moción inclúe puntos para impulsar a cooperación entre os diferentes elos da cadea de produción e reforzar a promoción dos produtos gandeiros reforzando aspectos como a seguridade alimentaria.

Publicada o

- Advertisement -

O pleno do Concello de Cervo aprobou na mañá de hoxe unha moción proposta polo PP de Galicia para establecer medidas de control en favor dos gandeiros e gandeiras do sector lácteo.

A moción inclúe un total de cinco puntos nos que se insta ao Ministerio a habilitar mecanismos para conseguir que todos os gandeiros cobren polo seu produto, polo menos, os seus custos de produción; tamén pretende impulsar, a través da cooperación entre administracións unha campaña de concienciación dirixida ao consumidor e reforzar a promoción dos produtos lácteos galegos, reforzando aspectos como a seguridade alimentaria, o benestar animal nas explotacións e a diversificación na súa produción.

Outra das demandas pasa por proporcionarlles prioridade na licitación de polígonos agrogandeiros de carácter público e axilizar os trámites para constituír o “Observatorio Lácteo Galego” como instrumento para acadar unha mellor estrutura entre os diferentes axentes do tecido produtivo.

En declaracións da delegada de Medio Ambiente, Mali Méndez: “temos que protexer aos nosos gandeiros e gandeiras, posto que é un dos sectores máis importantes dentro da nosa comunidade, e por suposto, tamén da comarca da Mariña. Desde as administracións públicas deberiamos establecer uns mecanismos que garantan un prezo mínimo, que polo menos cubra os custos de produción”.

“O sector gandeiro precisa dun apoio estrutural que lles permita gozar de ferramentas para fomentar a comunicación e a cooperación entre os diferentes elos da cadea de produción, ademais de establecer relacións coas diferentes administracións públicas” engadiu a concelleira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...