O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou a “implicación” da ministra de Industria, Reyes Maroto, que “permitiu chegar ata aquí”, en relación ás negociacións que empresa e comité retomaron esta semana. Respecto diso, mostrou “confianza” nesta “nova etapa de diálogo” para que poida “asegurar” o emprego e a actividade industrial na comarca.
“Desde o Goberno mantemos o diálogo aberto coa empresa, e esa é a boa noticia, porque mentres haxa diálogo hai posibilidades de chegar a unha solución satisfactoria para todas as partes”, subliñou.
A “prioridade” do Executivo, segundo engadiu, é “manter o emprego e estar á beira dos traballadores”, e á empresa pediulle “garantías” co cal espera “seguir avanzando no bo camiño” nas próximas reunións.
O LUNS
Neste escenario, o comité de empresa informa de que a próxima cita está prevista para este luns 20 ás 10,00 horas en Santiago de Compostela.
Será, nesta ocasión, na sede do Consello Económico e Social (CES), na Rúa da Algalia de Abaixo da capital galega.