IniciosociedadeVítimas presentan novos vídeos practicando sexo nas festas da Maruxaina subidos en...

Vítimas presentan novos vídeos practicando sexo nas festas da Maruxaina subidos en páxinas porno

Nalgúns destes vídeos pódese ver con nitidez ás persoas.

Publicada o

- Advertisement -

Vítimas das gravacións en 2019 na festa da Maruxaina, en San Cibrao, formularon unha ampliación da denuncia para achegar outros vídeos atopados en webs porno nas que aparecen parellas practicando sexo. Ademais, as imaxes achegadas tamén inclúen outros vídeos no Xiringüelo, en Pravia (Asturias).

Neste caso, as imaxes, gravadas con cámaras de visión nocturna e que captan imaxes con nitidez, rexistráronse na praia durante a celebración desta festa, pero falta tamén por dirimir se se corresponde ao mesmo ano que as outras captacións de mulleres ouriñando.

Esta ampliación de denuncia foi remitida esta mesma semana para incluíla na instrución que leva o xulgado de instrución número 1 de Viveiro, que tratou de arquivar a causa en dúas ocasións, pero ao que a Audiencia Provincial de Lugo ordenou reabrir a causa e practicar as dilixencias.

Coa reapertura de dilixencias, o xuíz chamou a declarar a unha trintena de afectadas entre finais de xaneiro e principios de febreiro. Ademais, reclamou os informes médicos daquelas mulleres que tiveron que someterse a algún tratamento como consecuencia dos feitos. Tamén se pediu a unha empresa de automóbiles situada fóra de Galicia a identificación dunha persoa usuaria dun vehículo. Tamén se lle pediu ao Concello de Cervo que informe do permiso para que ese mesmo vehículo estacionase nun lugar concreto da festa.

DILIXENCIAS

Segundo as mesmas fontes xurídicas, o xuíz ten agora que pronunciarse sobre a ampliación desta denuncia e decidir se se instrúen novas actuacións en relación a estas gravacións, así como se se inclúen na causa xudicial.

Os vídeos son de máis dunha hora de duración e neles chégase a ver o perfil dunha das persoas implicadas, así como escóitase un número de teléfono que esperan que poida axudar a identificar as persoas que realizaron as gravacións. “Todo fai presumir que as mesmas persoas puideron facer todos os vídeos”, explican estas fontes.

REAPERTURA

No auto de reapertura do mes de novembro, a Audiencia Provincial de Lugo considera que se “comprometeu” a intimidade das mulleres que foron gravadas en público cando ouriñaban, imaxes que foron incorporadas a páxinas web de contido erótico, algunhas delas con acceso previo pago, e que se manteñen sen ser retiradas. Hai preto de 90 mulleres afectadas.

Os maxistrados conclúen que se viu comprometida “a intimidade dun grupo de mulleres”, polo que decreta que se investigue “sobre quen e como realizou as gravacións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...