InicioOccidentalCervoCervo pasa a ser "zona tampón" onde se pode sementar pataca en...

Cervo pasa a ser “zona tampón” onde se pode sementar pataca en todo o termo municipal

Os agricultores deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo poderá cultivar pataca en todo o seu termo despois da resolución do DOG número 236, publicado o pasado venres 10 de decembro de 2021.

Nesta orde establécese que o Concello de Cervo pasa a considerarse zona tampón. Esto quere dicir que os agricultores de todas as zonas tampón declaradas en Galicia deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca, segundo o modelo establecido no anexo II da Orde do 6 de xullo de 2021 (DOG núm. 138, do 21 de xullo).

Poderá presentarse na oficina agraria comarcal máis próxima ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou a través da sede electrónica da xunta (https://sede.xunta.gal/portada) utilizando o procedemento MR465C. Co obxectivo de facilitar as cousas aos nosos agricultores, as xestións de presentación deste modelo establecido no anexo II da Orde do 6 de Xullo de 2021, poderán tramitarse no Rexistro Xeral do Concello de Cervo.

A concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, sinala que “é unha boa noticia que os nosos agricultores e agricultoras poidan plantar pataca en todo o municipio” e apunta que “para facilitar esta labor, desde o Concello de Cervo poderanse levar a cabo os trámites necesarios para informar das parcelas nas que se cultivou o tubérculo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...