InicioOccidentalCervoO presidente do comité de empresa de Alcoa confía en que a...

O presidente do comité de empresa de Alcoa confía en que a asemblea rexeite a proposta da multinacional

Censura que o Goberno non interveña e poña enriba da mesa un marco enerxétio.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da planta de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confía que a asemblea de traballadores, convocada o luns, rexeite a proposta lanzada pola multinacional nas negociacións emprendidas esta semana. Zan argumentou que isto é o que espera: “Faltan as garantías que pediamos e non hai ningunha seguridade de que en 2024 vaian arrincar as cubas”.

A empresa pretende ese parón ata 2024 e, ademais, contempla un investimento de 90 millóns de euros na factoría de Cervo. Era a última oferta que realizaba e que non acaba de convencer ao comité de empresa.

En canto ao que poida suceder o luns, que se someterá a proposta a referendo dos empregados, Zan suxeriu que “o problema non é o voto dos traballadores, o problema é que os gobernos ao final debíanlle de dicir a Alcoa que as cousas se fan doutra forma”. “Esta forma non está á altura do século XXI, isto é máis ben do medievo”, afeou.

O presidente do comité insiste na necesidade dunha “intervención pública” e así volveu a reiterar que “a forma sería que o Goberno interviñese a empresa e pór encima da mesa un marco enerxético”. “Así estariamos salvados, pero o Goberno nin está nin se lle espera”, recalcou.

Finalmente, sobre se a oferta da empresa é unha “oferta trampa”, conclúe que “non se sabe”, para posteriormente incidir de novo en que segue “sen ter garantías” de que reinicien as cubas en 2024.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...