InicioOccidentalCervoCervo felicita a toda a veciñanza co seu Calendario de Nadal 2020

Cervo felicita a toda a veciñanza co seu Calendario de Nadal 2020

En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor de Cervo Alfonso Villares declarou que  “este calendario é xa é todo un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.

Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións, que tiveron lugar no noso Concello; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos protagonistas. “Son instantáneas que forman parte da fototeca municipal, cedidas polos nosos veciños, aos que lles temos que agradecer ese xesto xeneroso que nos permite recuperar anacos da nosa historia e recompilalos, ano tras ano, neste almanaque que ten tanto significado para nós”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...