InicioOccidentalCervoTraballadores municipais xubilados reciben unha homenaxe do Concello de Cervo

Traballadores municipais xubilados reciben unha homenaxe do Concello de Cervo

O alcalde, Alfonso Villares, tivo palabras de eloxio e recoñecemento para os homenaxeados e encomiou o seu labor e entrega durante os moitos anos nos que formaron parte da plantilla do Concello de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

Na mañá de hoxe o Concello de Cervo homenaxeou a dous traballadores xubilados ao longo do 2020 e 2021. O ano pasado a situación derivada da pandemia propiciou o aprazamento de dita celebración.

Os traballadores agasallados pola súa xubilación foron Eulogio Vázquez Méndez e María Divina Trasancos Cabaleiro. Ambos recibiron das mans do alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, unha figura institucional do Concello. Así mesmo, tamén se lle fará entrega da figura institucional a María Carmen Moscoso Cancio e María Pura Pico López, traballadoras municipais xubiladas nestes últimos anos, que no día de hoxe non puideron acudir.

Durante o acto, o alcalde, Alfonso Villares, tivo palabras de eloxio e recoñecemento para os homenaxeados e encomiou o seu labor e entrega durante os moitos anos nos que formaron parte da plantilla do Concello de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...