Traballadores de Alcoa San Cibrao deixan as cubas “co metal xusto” para un “rearranque o máis fácil posible”

O presidenté do comité de empresa expresou que "quedan dous anos de preparación para cando chegue o momento arrincar de novo".

Un traballador acende unha vela na concentración do pasado sábado en Alcoa San Cibrao. CARLOS CASTRO/EP/GC

Os traballadores, desde o apagamento das cubas electrolíticas na planta de Alcoa en San Cibrao o pasado 1 de xaneiro, tratan agora de deixalas “co metal xusto para que o rearranque sexa o máis fácil posible”.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explicou que pretenden deixar as cubas “nas mellores condicións”, para o que se “mira a súa antigüidade e como teñen os cátodos e así o arranque sexa o mellor posible”. Seguidamente constatou que “a actividade segue en funcionamento en toda a planta, salvo o tratamento de electrolisis”.

“Dentro de tres meses irá o departamento de ánodos, onde o forno de cocción se vai parar para facelo novo”, detallou. Ademais, Zan precisou que se continúa “cos traballos de mantemento”, co que “os traballadores (sobre un persoal de mil) non se van a casa e teñen que facer mantemento e formación”.

Tamén engadiu que “quedan dous anos de preparación para cando chegue o momento arrincar de novo”, e é que ese é o prazo negociado coa multinacional para iniciar de novo a produción de aluminio, a finais de decembro de 2023.

“PUIDO FACER MÁIS”

O presidente do comité de empresa confesou que a sensación que ten é que o Goberno central “puido facer máis co marco enerxético, e despois de dous anos de promesas deixáronnos de lado e agora estamos cun apagamento que ninguén quería”.

Tamén aclarou que a planta de San Cibrao é das “máis rendibles” de todas as factorías salpicadas polo mundo con que conta Alcoa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here