InicioOccidentalCervoCervo comeza as obras de saneamento para toda a parroquia de Rúa

Cervo comeza as obras de saneamento para toda a parroquia de Rúa

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente mantiveron unha reunión cos veciños do núcleo de Ruela, onde terá lugar a primeira actuación.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo comeza a dar os pasos para achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa. No día de onte o alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata a antiga escola de Rúa para manter unha reunión cos veciños da zona de Ruela, onde se fará a primeira das actuacións previstas para achegar o saneamento a toda a parroquia.

Ao encontro tamén acudiron dous técnicos topográficos, co obxectivo de resolver as dúbidas dos veciños e veciñas, ademais de consensuar con eles diferentes aspectos das actuacións que se pretenden levar a cabo.

A execución deste conxunto de actuacións permitirá achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa, dotando así aos veciños desta zona rural dunha infraestrutura esencial para o seu día a día.

Villares apuntou que se trata “dunha actuación importante para a veciñanza da parroquia de Rúa, xa que este tipo de obras son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”.

O rexedor sinalou que “con esta actuación, que comezará en Ruela, e que se estenderá aos núcleos restantes, melloramos as infraestruturas básicas dunha zona rural do noso municipio como é Rúa,”. Quixo engadir o alcalde que “desde o noso equipo de goberno traballamos decididamente para que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...