Mulleres en Igualdade de Burela apunta a un home como posible autor dos vídeos da Maruxaina

Aseguran que se lle chega a ver a cara nun dos vídeos.

Protesta en San Cibrao polos vídeos da Maruxaina. CARLOS CASTRO/EP/GC

O colectivo de Mulleres en Igualdade de Burela, personado como acusación particular no caso das gravacións vexatorias a mulleres na festa da Maruxaina, apuntan a un sospeitoso de ser o autor de imaxes que se subiron a webs porno. A presidenta de Mulleres en Igualdade de Burela, María del Mar Fraga, revelou que “hai indicios dunha das persoas que poida ser quen cometeu os feitos e non é unha persoa coñecida da zona”, explica.

Nas festas da Maruxaina de 2019, no municipio de Cervo, foron gravadas ouriñando case 90 mulleres. Nalgún caso chegouse a difundir esas imaxes en páxinas web de contido erótico. Aínda que Fraga especifica que “non” poden dicir quen é o autor, si que apunta “a unha pequena gravación onde se lle chega a ver o rostro á persoa que estaba implicada nesas gravacións”. “Non é coñecido. Ninguén dos que viu o vídeo puido identificalo. Non sabemos no caso de Asturias, onde foron as outras gravacións, se se lle recoñeceu”, sinalou.

INVESTIGACIÓN

Despois de que a Audiencia Provincial de Lugo obrigase ao xulgado de Viveiro a seguir coa investigación, a activista de Burela está “convencida” de que esta vez si se abrirá unha instrución que leve a seguir a pista destas gravacións. Fraga advertiu que “non” o entendería doutra forma. Por tanto, confía que non se peche a instrución, xa que “as vítimas queren que se faga xustiza”.

De momento tomouse declaración a dez vítimas, aínda que este proceso de toma de testemuños vaise a manter ata marzo. Son en total 83 as mulleres que prestarán declaración ante o xuíz de Viveiro que leva a causa, aínda que Mulleres en Igualdade de Burela cre que son máis as vítimas porque aí non se inclúe a aquelas mulleres que se comunicaron con este colectivo “e xa senten representadas pola acusación particular”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here