Cervo reparte árbores froiteiras e autóctonas entre as persoas que participaron no pedido conxunto

En total repartíronse máis de 120 árbores.


A edil de Medio Ambiente no Concello de Cervo, Mali Méndez, fixo entrega a tarde deste xoves das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende hai varios anos.

Méndez subliñou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou– “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, figueiras, carballos, aguacateiro. O número de exemplares entregados nesta ocasión foi de 121 árbores solicitados polos veciños.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here