Un home necesitou asistencia durante a tarde deste pasado luns no municipio de Cervo despois de quedarlle unha perna atrapada entre unha roda do tractor que estaba a manexar e a fresadora.
Os feitos sucederon nunha leira da parroquia de San Román de Vilaestrofe sobre as 20,30 horas, informou o 112, que tivo coñecemento deste accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tras iso, por parte do CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Viveiro, ao GES de Cervo, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.
Efectivos do GES de Cervo Efectivos do GES de Cervo acudiron ata o lugar do accidente e liberaron ao home atrapadoacudiron ata o lugar do accidente e liberaron ao home atrapado para que fose atendido polo persoal médico desprazado, que o trasladou nunha ambulancia a un centro hospitalario.