InicioOccidentalCervoDispáranse as familias que recorren ao banco de alimentos trala parada de...

Dispáranse as familias que recorren ao banco de alimentos trala parada de Alcoa e o peche de Vestas

"Falamos dun desastre, pasamos de 400 familias no seu momento a unhas 550", advirte a presidenta do Banco de Alimentos en Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

O banco de alimentos da Mariña viu como se incrementaron o número de familias que recorren aos seus servizos, unha tendencia que a dirección da entidade vincula á crise industrial que atravesa a comarca, co parón de actividade na planta de Alcoa e o peche da factoría de Vestas no epicentro.

A presidenta en Lugo do Banco de Alimentos, Amadora Núñez, estimou que antes da crise acudían ao banco unhas 400 familias da costa de Lugo. “Agora estase chegando ou superando as 550”, sinalou. “Hai unha chea de xente que se quedou sen traballo, sen recursos. Hai medo e desasosego, porque despois de Vestas e Alcoa, que lle queda á Mariña?”, lamentou a responsable do banco de alimentos.

Núñez puntualizou que esa crise “non só afecta á xente que traballa” en Vestas e, sobre todo, en Alcoa, xa que se estende “a todas as empresas auxiliares da zona”. “Falamos dun desastre, pasamos de 400 familias no seu momento a unhas 550”, advertiu.

Outro aspecto sobre o que puña o foco son as familias con fillos pequenos. Sinalou que en Lugo cidade “son sobre 600 as familias” que recorren ao Banco de Alimentos.

Aínda que a activista lucense destacou que agora “están mellor”, en canto á distribución de alimentos para os máis pequenos si que avisa dalgunhas carencias, como a falta de cueiros que reclaman moitas familias. “Para os máis pequenos estamos mellor. Os produtos máis básicos témolos. Pero non temos cueiros e deses nin se nos expón nada”, aseverou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...