InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo levará a pleno o Plan Especial de Protección...

O Concello de Cervo levará a pleno o Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia

Os trámites para a aprobación deste plan iniciáronse en xullo do ano 2018. O Plan constitúe un paso máis dentro da liña do goberno para acabar cos feísmos e humanizar a zona da Atalaia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo leva a pleno este xoves a aprobación definitiva do Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia, asentamento de carácter histórico e de singular valor arquitectónico. Este plan, que iniciou os procedementos administrativos para a súa aprobación en xullo do ano 2018, xa ten todos os informes administrativos favorables.

O plan, que delimita toda a zona afectada polo xacemento -20.000 m2-, regula os usos permitidos, compatibles e prohibidos sobre os elementos protexidos; e a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superficie a preservar; entre outros aspectos”.

A zona da Atalaia está inventariada por Patrimonio desde o ano 2007, polo que calquera actuación urbanística que se pretenda realizar en todo o entorno da Atalaia debe ser sempre baixo o pertinente informe desa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Neste sentido, a redacción do Plan obedece ao fin primordial de actuar nas dúas edificacións que causan o feísmo na contorna do faro. A primeira xa foi adquirida no mes de decembro pola administración local, despois dunha ardua negociación cos propietarios.

No referente á segunda, a estrutura inacabada da Atalaia, o Concello compareceu na poxa pola súa adquisición. Hai que lembrar que o edificio, xunto cos terreos, saíron a poxa despois dos trámites administrativos realizados desde o Concello e que ten unha orde de demolición desde o ano 2019, cando se iniciou un informe técnico de reposición da legalidade, que desembocou en tres multas coercitivas por un valor total de 13.000€. Tras a comparecencia na poxa, o SAREB presentou alegacións e mellorou a oferta, sorprendentemente, impedindo que o ente local se fixera cos terreos.

Villares criticou “a mala fe do SAREB, que recordemos é unha entidade semipública, a cal está a poñer trabas e impedimentos para actuar nesta edificación” e apuntou que “coa aprobación deste Plan de Protección imos ter o instrumento necesario para expropiar eses terreos, no caso de que non se consiga chegar a un acordo, e así acabar con eses feísmos arquitectónicos, mellorar a seguridade e poñer en valor toda a contorna da Atalaia”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...